Bosque terapéutico

🫶 Ola xente!

🍀 Hoxe o entorno do Río Eifonso recibiu a visita dun grupiño de persoas que tiveron a oportunidade de mergullarse nunha paraxe especial e única. A actividade, organizada pola Deputacion Pontevedra, Vigo, ven a recoñecer a importancia, a calidade e a beleza desta paisaxe que temos a sorte de ter, xa que foi un dos tres únicos espazos naturais seleccionados pra esta terapia. Así como tamén ven a recoñecer a importancia ca natureza ten na saúde das persoas, xa que estas andainas procuran suplir a falla de contacto con ela, a cal nos ocasiona multitude de doenzas: problemas cardiovasculares, respiratorios, estres…

🍀 Aproveitando a ocasión, a nosa asociación xunto con Afectados Vial Beade-Vigo, achegámonos até o sendeiro para informar ós camiñantes do risco de extinción no que actualmente se atopa o “bosque terapéutico”, que acababan de desfrutares, por mor do novo Plan Xeral de Vigo que ten pensado encher as nosas vidas de asfalto, ruído e contaminación.

Deixar un comentario